Enorme vitoria do Celta B por 3-1 ante o Unionistas de Salamanca CF no partido correspondente á vixésimo quinta xornada de Liga no grupo I de Primeira RFEF Footters disputado en Barreiro. Os celestes, que recibían a un rival directo, conseguiron unha gran vitoria fraguada na primeira metade grazas aos goles de Gabri Veiga, por partida dobre, e Alfon.
O partido non podía empezar mellor para os intereses célticos. E é que, na primeira ocasión do partido, Gabri Veiga aproveitaba unha segunda xogada tras un balón parado para virarse e facer o 1-0. O propio Gabri, antes de cumprirse o minuto vinte, poñía Barreiro patas para arriba cun zapatazo con perna esquerda que se coaría pola escuadra.
O Unionistas, que pouco despois puido recortar diferenzas no marcador cun remate ao pau, vía como a vantaxe local aumentaba ata os tres goles ao fío do do descanso. E é que Alfon, con moita calidade dentro da área, puido colocar o seu disparo entre os tres paus para facer o 3-0.
Tras o descanso, o cadro local introduciu cambios e saíu a por un gol que lle metese de cheo no partido. Un tanto que chegaría no minuto 68 por medio de Nespral, pero que foi insuficiente ante un Celta B que defendeu a súa vantaxe con uñas e dentes.
Despois deste triunfo, o filial celeste mantense na terceira posición con 44 puntos en 25 xornadas.
FICHA TÉCNICA
3 – RC CELTA B: Gaizka Campos; Iker Losada (Medrano, min. 82), Álex Martín, Javi Castro, Diego Pampín; Cedric (Beitia, min. 58), Gabri Veiga, Holsgrove, Javi Gómez (Carrique, min. 58); Miguel Rodríguez (Lautaro, min. 73), Alfon (Fabrício, min. 73).
1 – UNIONISTAS DE SALAMANCA CF: Salva de la Cruz; Marín (Pitu Doncel, min. 73), Ramiro (Manu Sánchez, min. 46), Íñigo Piña, José Salinas; Acosta (De la Nava, min. 46), Mandi; Cris Montes (Rayco, min. 46), Nespral, Íñigo Muñoz; De Miguel (Pablo Espina, min. 46).
Goles: Gabri Veiga (1-0, min. 2); Gabri Veiga (2-0, min. 18); Alfon (3-0, min. 39); Nespral (3-1, min. 68).
Árbitro: Bestard Servera, do colexio balear. Amonestou a Cedric e Álex Martín, do Celta B, e a Cris Montes, Marín e Íñigo Piña, do Unionistas CF.
Campo: Barreiro.