calendario-celtac-granpenha2
Categorías inferiores gl

O Celta C-Gran Pena xa coñece o seu calendario de enfrontamentos para esta tempada 2023/24

RC Celta

A Real Federación Galega de Fútbol publicou o calendario de enfrontamentos da Terceira Federación para esta campaña 2023/24; categoría na que compite o Celta C- Gran Pena encadrado no Grupo 1.

O sorteo, que por primeira vez na súa historia tivo lugar no Pazo da Paínza en Viladavil, Arzúa, deixou en mans do azar os 34 encontros que se disputarán ao longo desta tempada e enfrontarán aos 18 clubs que compoñen a categoría.

De acordo con este sorteo, os de Fredi Álvarez comezarán o campionato a fin de semana do 10 de setembro na súa casa, no Campo Municipal de Barreiro, e mediranse ante o SD Sarriana.

O resto do calendario xa está dispoñible para todos os que queiran consultalo.

RC Celta

Etiquetas

Categorías inferiores gl

Noticias recomendadas