20230715_CeltaFortuna_3
Celta b

Comeza a pretempada para o Celta Fortuna

RC Celta

O Celta Fortuna comeza a pretempada este luns 17 de xullo nas Instalacións Deportivas da Madroa. Tras unha pasada campaña admirable na que o equipo filial conseguiu clasificarse nunha quinta posición que lle abriu as portas ao play-off de ascenso a Segunda División, os celestes volven ao traballo para preparar esta próxima tempada 2023/24.

Claudio Giráldez, no seu segundo ano á fronte do filial celeste, citou a 23 xogadores para reincorporarse ao traballo: Ruly García, Hugo Wauthier, Marcos González, Javi Rodríguez, Javi Piay, Iván López, Yoel Lago, Moha Dahmouni, Pedro Arufe, Tincho, Víctor San Bartolomé, Damián Rodríguez, Manu Rodríguez, Manu Fernández, Mario Cantero, Raúl Blanco, Fer López, Óscar Marcos, Pablo Durán, Alfon González, Darío Germil, Lucas Antañón e Alex Comparada.

Durante esta primeira semana, os de Giráldez adestrarán polas mañás, a excepción do domingo, e comezarán a pasar o recoñecemento médico a partir do martes 18 de xullo pola tarde.

RC Celta

Etiquetas

Celta b

Noticias recomendadas