ESCUDO-1300x400-02
A Canteira

O xuvenil César Fernández, convocado por España sub-18 para medirse a Marrocos

RC Celta

O canteirán César Fernández, que sumaba tres convocatorias coa Selección Española sub-18 no que vai de curso, regresa ao combinado nacional para disputar en Rabat senllos partidos amigables ante Marrocos.

César, que foi citado por última vez por España sub-18 no mes de xaneiro, unirase á expedición o vindeiro luns 25 de abril e o martes 26 terá lugar o primeiro encontro ante a selección marroquí, mentres que o segundo encontro celebrarase o xoves 28. Ambos os partidos xogaranse ás 22:00 no Complexo Deportivo Mohammed VI (Rabat).

Esta convocatoria supón un novo recoñecemento ao continuo traballo que o RC Celta e a súa Fundación realizan co fútbol base, ademais de reforzar a imaxe da canteira celeste como unha das que máis nutre de xogadores ás categorías inferiores da Selección Española.

RC Celta

Etiquetas

A Canteira

Noticias recomendadas