20221207_Partido_CFTalaveraVsCeltaB_2
Celta b

O Celta B frea a súa boa xeira tras caer ante o CF Talavera (1-0)

RC Celta

O Celta B sufriu unha derrota pola mínima (1-0) na xornada intersemanal ante o CF Talavera de la Reina no partido correspondente á xornada 15 de liga no grupo I de Primeira Federación disputado no Prado. Os celestes, que se viron por baixo no marcador na primeira parte, non conseguiron superar a un cadro local que defendeu a súa vantaxe no segundo acto.

Tras uns minutos de tenteo, o Celta B tivo as dúas primeiras ocasións do encontro ante un Talavera que, tras axexar en primeira instancia a portería de Christian Joel, adiantábase no marcador por medio de Souleymane. A reacción dos de Claudio Giráldez foi inmediata e o empate puido chegar ata en tres ocasiones, pero finalmente chegouse ao descanso con vantaxe local.

A segunda parte tivo unha clara cor celeste de principio a fin, a pesar do cal o segundo equipo céltico non puido penetrar a ríxida defensa local. Un partido no que tería os seus primeiros minutos en Primeira Federación o defesa Javi Piay, do Celta C – Gran Pena.

Tras esta derrota, o Celta B sitúase en décimo cuarta posición con 17 puntos. O fútbol non para, pois o próximo enfrontamento do filial celeste será ante a Cultural Leonesa en Abanca Balaídos este sábado 10 de decembro ás 17:00.

FICHA TÉCNICA

1 – CF TALAVERA DE LA REINA: Biel Rivas; Parra, Dani Ramos, Josete, Brau; Renan Zanelli (Lolo, min. 75), Lassina, Reguera (Javi Bueno, min. 59), Álvaro Juan; Souleymane, Escudero (Edu Gallardo, min. 75).

0 – RC CELTA B: Christian Joel; Carrique (Javi Piay, min. 63), Javi Domínguez (Hugo Álvarez, min. 63), Sergio Barcia, Medrano, Tincho; Carlos Beitia (Damián, min. 78), Hugo Sotelo; Raúl Blanco (Lautaro, min. 78), Miguel Rodríguez, Iker Losada.

Gol: Souleymane (1-0, min. 23).

Árbitro: Lax Franco, do colexio murciano. Amonestou a Brau, Reguera e Lassina, do CF Talavera, e a Javi Domínguez e Sergio Barcia, do Celta B.

Campo: El Prado.

RC Celta

Etiquetas

Celta b

Noticias recomendadas