Xa están abertas as inscripcions para os CLINICS DE NADAL FUNDACIÓN CELTA. Durante tres días se levarán a cabo por diferentes sedes repartidas pola xeografía galega: luns 27, martes 28 e mércores 29 de decembro.
As sedes confirmadas ata a data son as seguintes:
- A Madroa (Vigo) – Luns, martes e mércores. Martes inclúe Batalla de Porteiros SERGIO ÁLVAREZ para os porteiros.
- MONTEPORREIRO (Pontevedra) – Luns, martes e mércores.
- PABELLON OURENSE (Ourense) – Luns e martes.
- VIANA DO BOLO (Ourense) – Martes e mércores.
- DUMBRÍA (A Coruña) – Luns e martes.
- AGUIÑO-RIBEIRA (A Coruña) – Martes e mércores.
Para porteiros…
- Batalla de Porteiros SERGIO ÁLVAREZ en A MADROA (Vigo) – Martes
- Batalla de Porteiros SERGIO ÁLVAREZ en CAMBADOS (Pontevedra) – Mércores
As prazas son limitadas así que non dubides en anotarte canto antes para asegurarte a praza e gozar ao grande do fútbol da man do RC Celta e os adestradores das súas categorías inferiores.
Un AGASALLO DE NADAL excepcional que fará feliz a moitos nenos/as que sexan apaixonados do fútbol e do RC Celta.
E todo baixo o control dun Protocolo COVID segundo as medidas restritivas marcadas polas autoridades sanitarias e deportivas, que xa temos en práctica todo o ano co resto de actividades deportivas organizadas (escolas de fútbol, adestramentos da canteira, campus de verán…) e con extraordinarios resultados.
As inscricións estarán abertas ata o domingo 26 de decembro ás 14:00h. A través da propia web da Fundación Celta poderás tramitar a inscrición en sinxelos pasos guiados.
Pica aquí para obter máis información e tramitar as inscricións