
Xa están abertas as inscricións para os CLÍNICS DE NADAL 2025 organizados polo Celta que durante 4 días levarán a cabo por diferentes sedes repartidas pola xeografía galega: luns 22, martes 23, mércores 24 e venres 26 de decembro.
As sedes confirmadas son as seguintes:
- – A Madroa (Vigo) – Luns, martes, mércores e venres.
- – PABELLÓN OURENSE (Ourense) – Luns, martes, mércores e venres.
- – A Estrada (Pontevedra) – Luns, martes, mércores e venres.
- – TOMIÑO (Pontevedra) – Luns, martes, mércores e venres.
- – ROIS (A Coruña) – Luns, martes, mércores e venres.
Na sede da Madroa, tamén teremos a modalidade de CLÍNIC PORTEIROS SERGIO ÁLVAREZ (para a posición específica de porteiros) e CLÍNIC AS CELTAS (exclusivamente feminino), durante os 4 días.
Anímate a gozar do teu deporte favorito adestrando segundo a metodoloxía da canteira do CELTA, equipo de fútbol máis representativo da nosa comunidade e cunha gran reputación na formación de xogadores novos tanto a nivel nacional como internacional. Esta eficaz formación futbolística irá acompañada de aprendizaxes referentes á educación persoal, e moita diversión como debe corresponder a esta época vacacional.
Un AGASALLO DE NADAL excepcional que fará feliz a moitos nenos/as que sexan apaixonados do fútbol e do CELTA
Todos os participantes recibirán como regalo unha BOLSA CELTISTA que inclúe gymsack, camiseta conmemorativa do CLÍNIC, pulseira e postal de xogador do CELTA.
As prazas son limitadas así que non dubides en anotarte canto antes para asegurarte a praza e gozar ao grande do futbol da man do RCCELTA. As inscricións estarán abertas ata o XOVES 18 de decembro. A través da propia web do RC CELTA poderás tramitar a inscrición en sinxelos pasos guiados.
Máis de 20 anos de experiencia na organización deste tipo de actividades aválannos con excelentes resultados recoñecidos por todos os participantes.
Para máis información sobre os clinics e tramitar as inscricións, PREME AQUÍ!
