IMAGEN DESTACADA CLÍNIC
Fundación

En marcha os Clínic de Semana Santa Fundación Celta by Cabreiroá 2022

RC Celta

Xa temos en marcha unha nova edición dos CLINICS DE SEMANA SANTA FUNDACION CELTA BY CABREIROÁ que durante 3 días levarán a cabo por diferentes sedes repartidas pola xeografía galega o luns 11, martes 12 e mércores 13 de Abril 2022.

Horario matinal entre as 9:30 e as 14:00 horas.

Sedes

A MADROA (Vigo) – Luns, martes e mércores.
COIA (Vigo) – Luns, martes e mércores

CAMBADOS (Pontevedra) – Luns, martes e mércores.

CALDAS DE REIS (Pontevedra) – Luns, martes e mércores.

CARBALLIÑO (Ourense) – Luns, martes e mércores.

Para porteiros…
Clinic de Porteiros SERGIO ALVAREZ na Madroa (Vigo) – Luns 11 de abril
Clinic de Porteiros SERGIO ALVAREZ en PABELLON OURENSE (Ourense) – Martes 12 de abril
Clinic de Porteiros SERGIO ALVAREZ en CAMBADOS (Pontevedra) – Mércores 13 de abril

Anímate a gozar do teu deporte favorito adestrando cos adestradores da canteira do RC Celta, equipo de fútbol máis representativo da nosa comunidade e cunha gran reputación na formación de mozos xogadores tanto a nivel nacional como internacional. Esta eficaz formación futbolística irá acompañada de aprendizaxes referentes á educación integral, e moita diversión como debe corresponder a esta época vacacional.

Un magnífico agasallo que fará feliz a moitos nenos/ as que sexan apaixonados do fútbol e do RCCelta. Lembra que podes solicitar a tarxeta regalo a [email protected]. Regala vivencias!

As inscricións están abertas desde o martes 22 de marzo, anótache canto antes xa que as PRAZAS SON LIMITADAS: peche de inscricións venres 8 de Abril ás 12:00 do mediodía.  A través da propia web da FUNDACION poderás tramitar a inscrición en sinxelos pasos guiados.

Máis de 20 anos de experiencia na organización deste tipo de actividades aválannos con excelentes resultados recoñecidos por todos os participantes.

Máis info e inscricións aquí

RC Celta

Etiquetas

Fundación

Noticias recomendadas