O Celta B regresou aos adestramentos este martes pola mañá nas instalacións deportivas de A Madroa, unha única sesión matinal que, a partir de mañá, complementarase con outra vespertina ata o venres. O sábado 21 haberá sesión de mañá e pola tarde o primeiro compromiso estival, un triangular ante Coruxo e Caselas que se disputará a partir das 19:30 na Gándara (Salceda de Caselas). O domingo, o equipo gozará do primeiro día de descanso.
A lista de futbolistas que adestraron este martes compona Jero, Riki, Robert, Manu Farrando, Rai, Solís, Álex Rey, Din, Pampín, Jacobo, Álex Serrano, Aarón Rey, Dani Vega e José Sobrido; ademais dos xogadores con ficha de xuvenil Jose, Sergio, Raúl, Nacho, Barcia, Tiago, Iker Losada, David Álvarez e Martín Rafael.
O xogadores do filial Fran Vieites, Juan Antonio Ros, Alende, Dani Molina, Pastrana, Iban Salvador, Dennis e Apeh atópanse en A Toxa realizando a pretemporada co primeiro equipo.