Este luns comezaron os campus de verán que cada ano organiza a Fundación Celta. O campo de Os Remedios, en Ourense, e o Federativo de Coia foron as dúas instalacións nas que comezou a rodar o balón entre os máis pequenos. Todos os participantes, ademais, recibiron o segundo equipamento do RC Celta como agasallo.
Tanto nestas dúas sedes, como no resto das que haberá repartidas por toda a comunidade galega, activáronse todos os protocolos necesarios segundo as indicacións das autoridades sanitarias para garantir a seguridade e benestar dos participantes. Os nenos e nenas de entre 4 e 16 anos poderán gozar de xornadas lúdico deportivas en grupos reducidos ao aire libre baseadas nos valores do deporte de equipo, aproveitando desta maneira o tempo de lecer do período estival tras meses de inactividade deportiva.
Toda a información para aquelas persoas que se queren apuntar aos campus atoparala na seguinte ligazón: campus de verán da Fundación Celta.