CLAUSURA-MADROA-01
Actividades gl

Conclúen os clínic de Semana Santa Fundación Celta by Cabreiroá 2024

RC Celta

 

Finalizaron os Clínics de Semana Santa da Fundación Celta by Cabreiroá 2024 pasados por auga pero con gran éxito de participación en todas as sedes, algunhas delas como Ribadavia, A Madroa e o clínic específico de porteiros coas prazas esgotadas.

A pesar do frío e a choiva, os nenos e nenas non faltaron á cita ningún dos días e, da man dos adestradores da Fundación Celta e das Categorías inferiores do RC Celta, gozaron de áreas de adestramento que serviron para reforzar a súa formación futbolística.

A convivencia destes tres días serviu tamén para empapar aos nenos e nenas de celtismo e todos eles levaron varios recordos do RC Celta.

Sergio Álvarez unha vez máis estivo preto dos novos porteiros tanto no campo achegando os seus consellos deportivos como no interior das instalacións contando anécdotas da súa carreira deportiva e respondendo a curiosidades dos porteiros. Ademais puxo o broche final no acto de clausura cunha charla moi instructiva para todos os participantes. É unha fortuna poder contar coa súa presenza que empapa de celtismo a todo aquel que estea ao seu carón.

E despois deste gran éxito en Semana Santa xa estamos con todos os sentidos  postos no Campus de verán cuxas inscricións xa están abertas, as prazas son limitadas así que é importante asegurala canto antes.

 

RC Celta

Etiquetas

Actividades gl Fundación Hemeroteca fundación gl Novas fundación

Noticias recomendadas