Presentación sede Colexio Compañía de María
Unha semana máis de intensas presentacións e de respirar moito celtismo polas diferentes sedes dos CAMPUS DE VERÁN FUNDACIÓN CELTA BY CABREIROÁ 2022. Visitamos as sedes de Praiña no Concello de Teo, Cambados, Lalín, Colexio Compañía de María en Santiago de Compostela e Ourense con Pabellón CF.
Iniciamos a semana co retorno (despois do parón por COVID) da sede do Colexio Compañía de María en Santiago de Compostela, un clásico dos nosos campus que volverá ser referente na capital da nosa comunidade. Na presentación estiveron presentes Germán Arteta e Alberto Martínez, este último presidente do Club Compañía de María. En Lalín recibiunos por parte do Concello o seu alcalde e o concelleiro de deportes, así como o coordinador da EF Lalín. Todos eles manifestaron o seu desexo por que se volva a repetir o éxito de participación do ano pasado, sendo unha das sedes máis numerosas.
O martes en Ourense celebrouse a presentación de todos os actos relacionados coa celebración do 50 aniversario do Pabellón CF., entre os cales se inclúe o campus verán da FUNDACIÓN CELTA BY CABREIROÁ que levará a cabo 2 semanas (a última de xuño e a primeira de xullo) nas instalación de Vos Remedios. Espectacular presentación e gran variedade de actos que conmemorarán este aniversario como ben llo merece un club de referencia no fÚtbol base galego que leva anos mantendo estreitas relacións co RC Celta. Pola Fundación Celta estivo presente Diego Sarabia que acompañou ao alcalde de Ourense, ao presidente da deputación de Ourense e ao presidente o Pabellón CF, Paco Doforno.
No concello de Teo, da man do Praiña Sporting Club, continuamos coa organización intensa de actividades desde o inicio do convenio de colaboración con este club, que nos permite establecer unha serie de accións para levar o celtismo e a nosa metodoloxía de traballo. Na presentación estivo Manu Gómez como representante da FUNDACIÓN CELTA, o presidente do Praiña Sporting Club Marcos Pernas, e por parte do concello o seu alcalde Rafa Sisto, e o concelleiro de deportes Nacho Igrexas.
Puxemos fin á semana visitando o Concello de Cambados, para presentar o campus organizado coa colaboración do Club Juventud Cambados club co que vimos realizando con gran éxito de participación diferentes actividades durante todo o ano como son a escola de tecnificación, o clínic de semana santa e o clínic de porteiros Sergio Álvarez. Alí recibiunos o concelleiro de deportes Fernando Rey xunto co secretario do club, Daniel Fernández.
Presentación sede Lalín
Presentación sede Pabellón Ourense
Presentación sede Cambados
Presentación sede Praiña
No