Calidade, intensidade, esforzo, traballo… Gran vitoria 1-4 do Celta B fronte ao Real Unión no Stadium Gal, a primeira na Primeira RFEF.
Os pupilos de Onésimo comezaron desde moi pronto impondo o seu xogo cun bo posicionamento defensivo e ofensivo e unha gran presión, que lle permitiu roubar moitos balóns co seu rival descolocado.
De feito, os goles celestes non tardaron en chegar. No minuto 16, Álex Martín realizaba o primeiro gol tras unha boa xogada ensaiada de córner.
Uns minutos máis tarde, no 19, o canteirán Gabri Veiga facía o segundo no marcador, facendo xustiza ao bo xogo despregado.
Pero o Real Unión nin moito menos ía baixar os brazos, anotando Iván Pérez antes do descanso.
Tras unha primeira parte de gran xogo por parte de ambos os equipos, na segunda parte os dous seguiron apostando polo partido.
Na segunda parte o Celta B seguiu querendo gañar o partido. Os de Onésimo seguiron mostrando toda a súa intensidade sen deixar xogar á Real Unión e Lauti demostrouno, anotando dous goles, o primeiro no 52 e o segundo no 94.
Gran partido do Celta B en liñas xerais, que lle serviu para conseguir unha vitoria nun campo moi complicado e contra un rival difícil como a Real Unión, ao que lle desexamos sorte para o resto da competición.
FICHA TÉCNICA
1 – REAL UNIÓN: Irazusta, Elosegui, Kijera, Pérez, Temenuhkov, Rivero, Oyarzun, Elizondo, Ruiz, Seguín e Sánchez.
4 – RC CELTA B: Gaizka Campos, Carrique, Álex Martín, Castro, Medrano, Carbonell, Holsgrove, Iker Losada, Cedric, Gabri Veiga e Lauti.
Árbitro: Sergio Usón Rosel do colexio aragonés.
Campo: Stadium Gal