Fortuna Arenteiro 2
Celta b

Recital de goles en Abanca Balaídos no triunfo do Celta Fortuna ante o Arenteiro (4-3)

RC Celta

Sabiamos que este domingo iamos ter sorte. E así foi. O Celta Fortuna superou ao Arenteiro no primeiro derbi galego da tempada, regalando á afección celeste que ocupaba as bancadas de Abanca Balaídos, un partido emocionante, moi vivo e repleto de goles que cantar.

Durante os primeiros 45 minutos, púidose ver a un Celta Fortuna moi superior ao conxunto ourensán. Estabamos nos albores do encontro, cando Alfon tiña a primeira para os celestes. O de Albacete trataba de sorprender a Diego García, pero este conseguía saír airoso polo momento, pois minutos despois, no 14 de xogo, Miguel Román terminaría de facer o primeiro do filial celeste.

Chegaba o tempo de descanso co 1-0 no marcador. Un resultado que podería ser moito máis dilatado polas numerosas ocasións que perdoaron os de Giráldez, como o contraataque que Hugo Álvarez remataba co balón golpeando ao pau, ou a última que tivo Raúl Blanco que terminaba detendo o gardameta do Arenteiro. Superioridade mínima, pero suficiente para que os célticos comezasen o segundo tempo avantaxados.

Apenas pitara o colexiado o inicio da segunda metade cando, tras unha boa asistencia de Alfon, Hugo Álvarez facía, esta vez si, o 2-0 para o Fortuna.

O Arenteiro non estaba disposto a baixar os brazos e alentados pola súa afección, que se trasladou ata Vigo para acompañar ao seu equipo, recortou a vantaxe anotando o primeiro dos carballiñeses no minuto 49, obra de Miku.

Chegados a este punto, o partido volveuse frenético e en apenas cinco minutos, os celestes replicaban con dous tantos máis que sumábanse ao seu marcador. O 3-1 poñeríao o capitán do Celta Fortuna, o moañés Raúl Blanco, mentres que o cuarto dos celestes nacía das botas dun loitador Pablo Durán, que non parou de buscala e terminou atopándoa.

Dominaba o Fortuna o encontro, pero pequenos descoidos co balón foron suficientes para que o Arenteiro aproveitase e marcase dous tantos que facían perigar a vitoria local.

No último minuto do tempo regulamentario, o dianteiro de Tomiño, Pablo Durán, marcaba o tanto que podería sentenciar o encontro a favor dos celestes, pero López Parra terminaba anulándoo por posición antirreglamentaria. Terían os vigueses que aguantar o resultado ao longo de 9 eternos minutos que o colexiado engadiu de desconto. E lográrono. Os celestes fixéronse coa súa segunda vitoria da tempada e deixaron os tres puntos en casa.

A próxima xornada, o filial celeste viaxará ata a cidade condal para enfrontarse na sexta xornada da Primeira Federación ao Barça Atètic, o domingo 1 de outubro ás 17:00 h no Estadio Johan Cruyff.

FICHA TÉCNICA

4 – RC CELTA FORTUNA: Coke Carrillo; Javi Rueda, Javi Rodríguez, Joel López, Hugo Álvarez; Damián (Yoel Lago, min. 66), Miguel Román (Tincho, min. 89), Manu Fernández; Raúl Blanco (Iván López, min. 77), Bruno Iglesias (Pablo Durán, min. 46) y Alfon González (De La Iglesia, min. 89).

3 – ARENTEIRO: Diego García; Jordán (Lucas Sena, min. 61), Vitra, Pol Bueso, Álvaro Ramón (T. Berardozzi, min. 77); Pibe, Romay (Javi Moreno, min. 61), Álex Fernández (Manin, min. 77), Miku; Juan Delgado y Luis Chacón.

Gol: 1-0 Miguel Román (min. 14); 2-0 Hugo Álvarez (min. 47); 2-1 Miku (min. 49); 3-1 Raúl Blanco (min. 52); 4-1 Pablo Durán (min. 55); 4-2 Luis Chacón (min. 58); 4-3 Pibe (min. 63)

Árbitro: López Parra. O colexiado amoestou unicamente ao xogador do Arenteiro Álvaro Ramón.

Campo: Abanca Blaídos

RC Celta

Etiquetas

Celta b

Noticias recomendadas