O Celta B continúa marabillando no seu arranque de tempada. O equipo adestrado polo vigués Rubén Albés continúa invicto tras seis xornadas do campionato de 2ªB, un dato extraordinario que se suma á excelente imaxe que os celestes están a ofrecer en cada partido. O cadro céltico viviu ante o Rápido un duelo intenso que se iniciou costa arriba, cun tanto dos aurinegros aos poucos segundos do asubío inicial.
O Celta non se escondeu, quixo o balón e buscou con decisión a remontada. No primeiro tempo Agus caeu na área rival, o colexiado sinalou a pena máxima e Juan Hernández conseguiu a igualada desde o punto de penalti. Na segunda parte Agus foi de novo protagonista. O futbolista catalán executou no minuto con precisión unha falta directa ao bordo da área boucense e coou o esférico por toda a escuadra. Un auténtico golazo que ao cabo suporía a vitoria.
O Rápido batallou ata o final e tivo as súas opcións para empatar. O bo facer da defensa céltica e un gran Sotres baixo paus impedírono. O Celta B visita a próxima xornada ao CCD Cerceda.
FICHA TÉCNICA
2-CELTA: Sotres, Kevin, Robert Costa, Alende, Riki, Solís, Rai, Pastrana (Pampín, min.78), Agus (Sastre, min.88), Drazic (Dennis, min.80), Juan Hdez.
1-RÁPIDO: Brais, Cristian, Coti, Yago Pérez, Trigueros, Sielva, Deivid, Caba, Andersón, Diego Diz, Isma.
Goles: Andersón (0-1, min.1); Juan Hernández (1-1, min.19, de penalti); Agus (2-1, min.66).
Árbitro: Carbajales Gómez, del comité asturiano. Amonestó a Rai, Alende, Sotres (Celta); Yago Pérez, Sielva, Deivid (Rápido).
Campo: Barreiro.