Hemeroteca canteira

Cruel e inxusta derrota do Celta B en Somozas

RC Celta

jordan-celtab.jpg

Nun campo impracticable, encaixou en gol en propia porta e outro de penalti en dous minutos e nos instantes finais

 

O Celta B sufriu un durísimo castigo en Somozas ao encaixar dous goles en apenas dous minutos, un en propia porta e outro de penalti, este último xa no desconto. Os vigueses dominaron o partido nun campo impracticable desde o minuto 14 cun gol de Borja Igrexas, pero neses últimos instantes do choque encaixaron de xeito cruel para acabar derrotados.

 

Ao Celta B tocoulle unha vez máis tratar de adaptarse a un terreo de xogo anegado, moi perjudicial para a súa proposta. Abocado ao xogo en longo, a renunciar ao toque no centro do campo, o filial intentou aproveitar o traballo de Borja Iglesias e as chegadas por banda, onde a auga permitía polo menos conducir o coiro.

 

Por aí, pola esquerda, chegou unha espectacular arrancada de Señé desde o seu propio campo, plena de potencia e habilidade. O céltico desfíxose de dous rivais e centrou coa esquerda para que Borja Iglesias cabecease á rede. Golazo do equipo vigués.

 

O estado do céspede foi adquirindo protagonismo de xeito gradual no choque. O balón non rodaba, e tiña que voar para evitar riscos e armar ataques. O filial dominaba con claridade o partido aínda nestas condicións.

 

Jordan puido anotar o segundo aos 33 minutos tras unha gran xogada colectiva, pero Alfonso sacou de cabeza o coiro cando xa buscaba a rede.

 

Tralo descanso, dura batalla nun campo impracticable, con balóns longos e segundas xogadas como único recurso para ambos equipos. O Somozas mostrábase agora máis cómodo nestas condicións e fixo sufrir ao filial con numerosas chegadas por banda esquerda e centros ao área tras balóns en longo ás costas da zaga viguesa.

 

Aos 32 minutos, O filial puido sentenciar cunha boa xogada de Borja Iglesias, pero o seu remate final, dentro da área, saíu lixieramente por enrriba do longueiro.

 

A falta de tres minutos, desgraza para os celestes, Centro desde a esquerda e Soto acabou rematando a portería no seu intento por evitar o remate do dianteiro rival. E uns segundos despois, penalti a favor do cadro local de Óscar Santiago. Edy anotou, xa no desconto para privar aos célticos de polo menos un punto.

 

2-Somozas: Marc Martínez, Álex Bao (Ares, min.78), Alfonso, Fiuza, Dopico, Edy, Juan Martínez, Héber Pena, Beitia (Rubén Gómez, min.52), Pablo Antas e Stefan (Martí, min.65)

 

1-Celta B: Óscar Santiago, Kevin, Soto, Jonathan de Amo (Youssef, min.91), Crespo, Borja Domínguez, Borja Fernández, Jordan, Luis Rioja (Pucheta, min.73), Señé e Borja Iglesias (Javi Que, min.79)

 

Goles: 0-1, min.13: Borja Iglesias; 1-1, min.87: Soto (propia porta); 2-1, min.90: Edy, de penalti

 

Árbitro: Fernández Pérez, do comité asturiano. Amonestou a Jonathan de Amo, Crespo, Óscar Santiago, Soto, Álex Bao, Juan Martínez, Edy, Pablo Antas, Ares

 

Campo: Manuel Candocia

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira

Noticias recomendadas