20230430_CyDLeonesaVsCeltaB_3
Celta b

O Celta B leva un punto do Reino de León (1-1)

RC Celta

O Celta B empatou (1-1) ante a Cultural y Deportiva Leonesa no partido correspondente á xornada 34 de Liga no grupo I de Primera Federación disputado no Reino de León. Un partido no que os celestes igualaron o gol inicial dos locais para sumar un punto a domicilio.

A primeira metade, con poucas ocasións claras e moita igualdade, desnivelouse en favor dos locais pasado o primeiro cuarto de hora por medio de Percan.

O Celta B mellorou as súas prestacións tras a continuación e estivo a piques de facer o 1-1 por medio de Hugo Sotelo cun disparo que sería repelido pola cruceta. A avalancha de oportunidades celestes veríase recompensada cun gol de Gael a balón parado que ao cabo valería para colleitar un punto.

O segundo equipo céltico, que suma 54 puntos en 34 xornadas, recibirá ao CF Fuenlabrada o vindeiro domingo 7 de maio ás 17:00.

FICHA TÉCNICA

1 – CULTURAL Y DEPORTIVA LEONESA: Salvi Carrasco; Cristian Pérez, Trigueros, Amelibia, Julen Castañeda; Percan, Alberto Solís, Blesa (Muguruza, min. 62), Jesús Álvarez, Roberto Alarcón (Kawaya, min. 80); Obolskii (Claudio Medina, min. 87).

1 – RC CELTA B: Ruly; Carrique, Iván López (Tincho, min. 46), Sergio Barcia, Gael, Medrano; Damián (Martín Calderón, min. 87), San Bartolomé (Hugo Sotelo, min. 46); Clemente Montes (Raúl Blanco, min. 56), Lautaro (Manu Garrido, min. 72), Iker Losada.

Goles: Percan (1-0, min. 16); Gael (1-1, min. 75).

Árbitro: Muñiz Muñoz, do colexio aragonés. Amonestou a Obolskii e Kawaya, da CyD Leonesa, e a Lautaro, Iván López, Tincho e Manu Garrido, do Celta B.

Campo: Reino de León.

RC Celta

Etiquetas

Celta b

Noticias recomendadas