rp
Celta Fortuna

Declaracións de Fredi Álvarez, Álvaro Marín e Joel López tras o Celta Fortuna – CD Arenteiro

RC Celta

O Celta Fortuna segue asinando un gran arranque de tempada e, tras sumar unha nova vitoria ante o CD Arenteiro, tanto o adestrador celeste, Fredi Álvarez; como os goleadores do partido, Álvaro Marín e Joel López, ofreceron as súas sensacións en rolda de prensa.

Fredi valorou o esforzo de todo o equipo nun encontro “moi competido e igualado entre ambos os conxuntos”. O técnico mostrouse satisfeito cos tres puntos e co gran rendemento dos seus a pesar de todos os cambios que sufriron esta tempada, “os resultados neste inicio dan moita confianza, pero a dificultade da categoría segue aí e hai que ter os pés no chan”.

Pola súa banda, Álvaro Marín, tras anotar o seu primeiro gol coa camisola celeste, confesa estar moi contento, pero quizais máis polos tres puntos porque “creo que estamos nunha moi boa dinámica”. O último en pasar pola sala de prensa foi Joel López, ao que o seu sorriso o delataba, “feliz pola vitoria e polo gol, axudar ao equipo sempre é bonito”. Ademais, o lateral eloxiou a capacidade de adaptación do equipo neste arranque de campaña no que “era difícil pensar que iamos facer tantos puntos con tantos xogadores novos, pero estamos a facer un moi bo papel e queremos seguir así”.

Dálle ao PLAY e repasa as declaracións dos tres protagonistas.

RC Celta

Etiquetas

Celta b Celta Fortuna

Noticias recomendadas