“Que ninguén dubide do compromiso e do potencial destes xogadores“, con estas palabras Fredi Álvarez, adestrador do Celta Fortuna, referíase á intensa loita que protagonizaron os seus pupilos ante un CD Lugo que non lles puxo as cousas nada fáciles. Unha intensidade que acaparou gran parte do partido no que, a pesar de non alcanzar a vitoria, os celestes dominaron practicamente na súa totalidade e coa que agora o equipo afronta estas últimas 10 xornadas de competición nas que pelexarán por afastarse da parte baixa da clasificación.
Doutra banda, Hugo González analiza o papel do equipo e lamenta que o seu primeiro gol defendendo a camiseta celeste non bastase para sumar os tres puntos en casa.
Repasa as súas declaracións completas!