Fredi Álvarez, adestrador do Celta Fortuna, analizou en rolda de prensa a gran vitoria do filial celeste ante o Real Madrid Castilla recoñecendo que “eramos conscientes de que diante tiñamos a un equipo moi poderoso a nivel técnico e a nivel individual” polo que é importante “darlle moito mérito ao traballo dos nosos xogadores“. Facendo balance neste último partido do 2025 que o Fortuna pecha sumando 33 puntos, Fredi resaltou que “o equipo está a crecer, compite moi ben e iso é un punto moi importante a destacar este ano“.
Por outra banda, Hugo Burcio e Jaime Vázquez coinciden na importancia de ir partido a partido e non marcarse un obxectivo xa que “esta é unha categoría moi complicada, temos un bo colchón de puntos pero hai que seguir traballando e non podemos relaxarnos“.
Dálle ao PLAY e non te perdas as súas declaracións completas!