O Celta Fortuna cae pola mínima ante o CD Lugo despois dun encontro moi bronco, marcado pola expulsión de Emi Rodríguez e un penalti errado no último minuto.
Cun bo primeiro tempo, no que o conxunto celeste mantivo a posesión, a mellor ocasión chegou por parte de Dela, no minuto 33, cun zapatazo desde fóra da área que Marcos Lavín lograba desviar no último momento. E é que o gardameta local foi un verdadeiro quebradizo de cabeza xa que conseguía crebar calquera acción de perigo xerada polos celestes. O partido ía subindo de revolucións e, os de Fredi Álvarez continuaban presionando cando, nunha saída de balón, o equipo local lograba penetrarse na área celeste e terminar rematando a portería dúas veces, a primeira sendo desviada por un Marc Vidal que nada puido facer na segunda arremetida. Ambos os equipos marchábanse ao descanso, con vantaxe no marcador para o conxunto local, nun derbi que cada vez estaba máis tenso.
No segundo tempo, o Celta Fortuna continuaba mantendo a posesión e poñendo contra as cordas aos de Lolo Escobar. No minuto 60, Fer López tentábao cun axustado lanzamento á escuadra que finalmente se ía desviado. Mentres que Jordi Escobar probaba sorte cun tiro desde fóra da área que atallaría novamente Marcos Lavín. Tentábano os celestes de todas as maneiras pero a fortuna non parecía estar do seu lado. No último minuto de engadido, un tiro desde fóra da área de Gael sería despexado baixo paus coa man por Erik Ruíz o que o colexiado sinalou como penalti e expulsión para o xogador local. Un momento moi tenso no que Emi Rodríguez tamén sería expulsado do terreo de xogo. Finalmente, Jordi Escobar lanzaría a pena máxima pero, novamente, o gardameta lucense volvería ser o verdadeiro heroe do seu equipo privando ao Celta Fortuna do empate.
Un cruel final para un partido no que os de Fredi Álvarez mereceron máis. Agora, o calendario continúa e fará parada o vindeiro sábado en Abanca Balaídos onde o Celta Fortuna enfrontarase á Gimnástica Segoviana ás 19:30h.
FICHA TÉCNICA:
1 – CD Lugo: Marcos Lavín; Álex Lizancois, Juan Rodríguez, Erik Ruiz, Ander Zoilo; Yayo González, Roger Martínez (Dani Vidal, m. 61); Jorge González (Fernando Lesme, m. 71), Bryan ‘La Cobra’ Mendoza (Raúl Hernández, m. 84), Jon Cabo (Pablo Rubal, m. 84); e Martín Ochoa (Guille Pewrero, m. 61).
0 – Celta Fortuna: Marc Vidal; Sergio Díez (Iván Garriel, m. 46), Gael Alonso, Yoel Lago (Manu Fernández, m. 46), Pablo Meixús (Emi Rodríguez, m. 68), Tincho Conde; Fer López, Ángel Arcos (Óscar Marcos, 46); e Jordi Escobar.
Gol: 1-0, m. 37: Roger Martínez.
Árbitro: Fernando Román Román (Comité de Palencia). Expulsou a Erik Ruiz (min. 99) e a Emi Rodríguez (min. 100). Por parte do Celta Fortuna, mostrou cartón amarelo a Yoel Lago (min. 27), Pablo Meixús (min. 61), Dela (min. 68), Jordi Escobar (min. 84) e Fer López (min. 91). Por parte do CD Lugo viron tarxeta amarela, Erik Ruiz (min. 27), Jon Cabo (min. 45+1), Martín Ochoa (min. 65), Jorge González (min. 68), Bryan Mendoza (min. 79), Marcos Lavín (min. 87) e a Dani Vidal (min. 90).
Incidencias: Partido correspondente á Xornada 9 do Grupo I de Primera Federación disputado no estadio Anxo Carro (Lugo) ante máis de 1.500 espectadores.