A canteira do RC Celta pechou a Semana Santa cun bo puñado de éxitos en torneos rexionais, nacionais e internacionais. O Cadete A en o Cesaraugusta, o Cadete B no MIC Football, o Alevín B na Oviedo Cup e o Benxamín B nos torneos de Louro e Cangas, alzáronse cos títulos de campións tras exhibir, en todos os casos, unha extraordinaria imaxe. Ademáis, o Fundación Celta Integra triunfou por partida dobre no Torneo Integra La Caixa, no que participaron dous equipos celestes que finalizaron campións das súas respectivas categorías.
A estes campións hai que engadir a sobresaliente participación do resto de categorías inferiores celestes noutras competicións, ademais dos triunfos do Xuvenil de División de Honra ante o Alondras e do Celta B ante o Rayo Majadahonda, en ambos os casos terceiras vitorias consecutivas.
[document url=”https://www.rccelta.es/wp-content/uploads/2018/04/Resultados-A-Canteira-Semana-Santa-2018.pdf”]