DONACIÓN GALFRÍO FOTO HORIZONTAL
Actividades gl

Doazón de Galfrío á campaña ‘100 anos 100 toneladas’ da Fundación Celta a favor do Banco de Alimentos de Vigo

RC Celta

A empresa Galfrío, recoñecido centro loxístico e de elaboración de produtos do mar con sede no porto de Marín, realizou unha xenerosa doazón á campaña solidaria promovida pola Fundación Celta ‘100 anos 100 toneladas’ a favor do Banco de Alimentos de Vigo.

A doazón consistente en 3 palets de produtos do mar incluíndo 100 kg de de gambón, lura e pescada. A entrega oficial levou a cabo ás 12 da mañá deste luns 4 de decembro ante os responsables desta ONG nas dependencias do Banco de Alimentos de Pontevedra.

Con esta doazón, Galfrío mostra o seu compromiso coa comunidade e a súa solidariedade cara a aqueles que se atopan en situación de vulnerabilidade.

A campaña ‘100anos 100 toneladas’ da Fundación Celta ten como obxectivo recoller 100 toneladas de alimentos non perecedoiros para ser distribuídos a través do Banco de Alimentos de Vigo, beneficiando a miles de persoas na cidade.

Jacobo Cela, encargado Xeral de Galfrío acudiu en representación da empresa. Por parte da Fundación Celta asistiu o seu director D.Germán Arteta quen agradeceu a Galfrío a súa xenerosa doazón destacou a importancia da solidariedade empresarial na construción dunha sociedade máis xusta.

RC Celta

Etiquetas

Actividades gl Fundación Hemeroteca fundación gl Novas fundación

Noticias recomendadas