ESCUDO-1300x400-02
Celta b

O Curso D.O. Celta dá o seu pistoletazo de saída na súa sétima edición

RC Celta

As Instalacións Deportivas da Madroa acollen este luns 29 de agosto o regreso dunha das iniciativas máis representativas do club, o Curso Denominación de Orixe Celta, cuxo obxectivo é potenciar a formación e especialización dos técnicos da entidade celeste e dos clubs convidos. A sétima edición do evento arrincará cunha sesión exclusiva para os técnicos das categorías inferiores, mentres que nas próximas xornadas (12, 19 e 26 de setembro), que se celebrarán no Salón Rexio da Sede, asistirán tamén os técnicos de clubs convidos.

Como en anteriores ocasións, buscáronse relatores de gran prestixio provenientes de numerosas disciplinas. Desde o comezo, esta foi unha das liñas básicas do proxecto: recibir coñecementos e experiencias de profesionais de distintas áreas, mesmo de fóra do propio deporte, co fin de ampliar a formación dos técnicos cunha nova perspectiva na súa visión do fútbol e da xestión de persoas.

RC Celta

Etiquetas

Celta b

Noticias recomendadas