Hemeroteca canteira

Dura derrota do Celta B ante o Guijuelo

RC Celta

celtab-guijuelo_borja_fernandez.jpg

Un gol do céltico Maceira no primeiro tempo non foi suficiente para frear aos locais (2-1)

 

O Celta B sufriu unha dura derrota no Municipal de Guijuelo. Os celestes adiantáronse no primeiro tempo e puideron chegar ao descanso cun maior colchón de goles, pero os salmantinos reaccionaron na segunda parte e deron a volta ao encontro para colocarse colíderes do Grupo I.

 

Bos primeiros minutos do filial celeste, que non tardou en perforar a portaría local. Aos dez minutos Maceira rematou só na área un saque de esquina e adiantou ao conxunto olívico no marcador. Pouco despois os canteiráns dispuxeron dunha tripla ocasión na que un rival detivo o esférico sobre a mesma liña de gol. O Guijuelo inquedou ao porteiro celeste Rubén nun par de ocasións, pero non o suficiente como para cambiar o electrónico antes do descanso.

 

Tras a continuación o equipo verdibranco saíu máis concentrado e aos cinco minutos xa igualara o encontro por medio de Pino. Os locais cobraron protagonismo co paso dos minutos e no 63 lograron a remontada con gol de Ballesteros. A pesar de que os celestes se entregaron ata o minuto final, non puideron sobreporse ás dianas rivais. Un paradón de Rubén Blanco nos compases finais do envite evitaron o 3-1.

 

FICHA TÉCNICA

 

2-GUIJUELO: Wilfred, Gago, Razvan, Ángel Martínez, Jona Martín, Javi Moreno, Carlos Rubén, Óscar Valero, Pino, Chuchi e Peña

 

1-CELTA B: Rubén Blanco, Pablo Pérez, Goldar, Antón, Maceira, Borja Domínguez, Javi Rey, Borja Fernández, Fernán, Borja Iglesias e Juan Delgado

 

Goles: Maceira, 0-1 (min.11); Pino, 1-1 (min.50); Ballesteros, 2-1 (min.63)

 

Árbitro: Mariscal Sánchez, do colexio andaluz

 

Campo: Municipal de Guijuelo

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira

Noticias recomendadas