O Celta Fortuna regresa de Pamplona tras sufrir un duro castigo ante Osasuna Promesas.
Nunha primeira metade moi igualada na que calquera dos dous equipos podería abrir o marcador, a primeira ocasión tívoa Dela pero, o porteiro local, Pablo Valencia meteu a man para frear o envite. E é que nos primeiros compases do encontro, o gardameta pamplonés foi o principal quebradizo de cabeza para a dianteira do Celta Fortuna que non conseguía derrubalo.
Apertaban os de Fredi Álvarez, nunha segunda metade que comezou como terminara a primeira, con superioridade celeste. Pero, Osasuna Promesas soubo aproveitar as súas oportunidades e, no minuto 67, poñeríanse por diante cun remate de cabeza de Xabi Huarte. Pouco despois, Noel López e Anai Morais subiron ao marcador o 2-0 e o 3-0, respectivamente. Sufría o Celta Fortuna ante un castigo inxusto. Finalmente, no tempo de desconto, Tincho marcaba o tanto celeste en Tajonar.
O filial do RC Celta seguirá pelexando por volver á senda da vitoria este sábado, 21 de setembro ás 19:30h., ante o Unionistas de Salamanca. Unha cita en Abanca Balaídos na que o apoio de toda a afección celeste será fundamental para darlle ese empuxón que necesitan os nosos.
FICHA TÉCNICA:
3 – Osasuna Promesas: Pablo Valencia; Diego Moreno, Unai Santos, Garriz, Toni Herrero; Xabi Huarte (min. 70, Jon García), Echegoyen; Arroyo (min. 60, Dani Sancho), Osambela (min. 91, Íñigo Arguibide), Pablo Moreno (min. 70, Noel López); e Asier Bonel (min. 60, Morales).
1 – Celta Fortuna: Marc Vidal; Tincho Conde, Manu Fernández, Yoel Lago, Gael Alonso, Iván Garriel (min. 71, Ángel Arcos); Dela (min. 84, Andrés Antañón), Miguel Román, Fer López, Óscar Marcos (min. 84, Johan Guedes) e Emilio Rodríguez (min. 60, Iago Barreiros).
Goles: 1-0 Xabi Huarte, 67’; 2-0 Noel López, 82’; 3-0 Anai Morales, 90’; 3-1 Tincho, 94’.
Árbitro: Gorka Etayo Herrera (Comité País Vasco). Amoestou con amarela a Yoel Lago e Gael Alonso, mentres que por parte de Osasuna Promesas, foron amoestados Moreno, Huarte, Asier e Noel López.
Incidencias: Partido correspondente á xornada 4 do Grupo I de Primera Federación, disputado nas Instalacións Deportivas de Tajonar de Pamplona.