20220403_Partido_DUXInterMadridVsCeltaB_3
Celta b

O Celta B ascende á cuarta posición tras empatar a domicilio (1-1)

RC Celta

Empate a domicilio (1-1) do Celta B na súa visita ao Municipal de Villaviciosa de Odón no duelo ante o DUX Internacional de Madrid correspondente á trixésima xornada de Liga no grupo I de Primeira RFEF Footters. O filial celeste, que se adiantou no marcador, viu como os locais igualaban o encontro no tramo final de choque.
O partido comezaba de menos a máis para os intereses célticos que, tras unha maior sensación de perigo do DUX nos primeiros compases, comezaba a avisar cunha tripla ocasión (con traveseiro incluído) e un disparo de Holsgrove con perna dereita. Eran os prolegómenos do 0-1, que chegaba tras un saque de esquina peiteado por Gabri para que, só no segundo pau, Alfon batese ao gardameta local. O propio Alfon e Miguel puideron ampliar a vantaxe, pero finalmente mantíñase o resultado ao descanso.
Tras a continuación baixou o ritmo do encontro para un Celta B que, sen dispoñer de ocasións excesivamente claras, defendía a súa vantaxe con comodidade. Con todo, o partido comezou a espertar nun tramo final de choque no que o DUX Inter de Madrid sorprendía aos celestes cun gol tras unha boa xogada individual. A resposta visitante foi inmediata, con ocasións moi claras para Cedric e Carbonell, pero sen o tempo suficiente para volver poñerse por diante.
Con este empate, o Celta B suma 51 puntos e sitúase na cuarta posición do grupo. Tras este encontro, o segundo equipo céltico recibirá á UD Sanse o vindeiro sábado 9 de abril ás 17:00 na trixéximo primeira xornada de Liga.

FICHA TÉCNICA

1 – DUX INTERNACIONAL DE MADRID: Badiashile; Ramón Blázquez, Moyano, Montoro, Herrero; Brulmans (Álvaro Martín, min. 71), Zambrano (Leandro, min. 46); Mancebo, Rubén Ramos (Marcos Bravo, min. 86), Alberto Gil (Bonaldo, min. 86); Barral (Pitu, min. 46).

1 – RC CELTA B: Gaizka Campos; Carrique, Álex Martín, Javi Castro, Medrano; Carbonell, Holsgrove; Alfon (Iker Losada, min. 70), Gabri Veiga (Beitia, min. 81), Javi Gómez (Cedric, min. 70); Miguel Rodríguez (Lautaro, min. 70).

Goles: Alfon (0-1, min. 35); Herrero (1-1, min. 76).

Árbitro: García Gómez, do colexio estremeño. Amonestou a Barral, Zambrano e Herrero, do DUX Inter de Madrid, e a Carrique, do Celta B.

Campo: Municipal de Villaviciosa de Odón.

RC Celta

Etiquetas

Celta b

Noticias recomendadas