O mediapunta de Vélez chega cedido por unha tempada con opción de compra
O RC Celta pechou hoxe unha nova incorporación coa que reforza o ataque do equipo filial. Trátase de Eduardo Pucheta, dianteiro arxentino procedente de Vélez Sarsfield que chega cedido por unha tempada con opción de compra.
Eduardo Raúl Pucheta (1992, San Nicolás, Arxentina) é produto da prolífica canteira do Vélez Sarsfield. Tras destacar no filial pola súa velocidade e grandes actuacións, o atacante alcanzou o primeiro equipo bonaerense en 2011. Desde entón acumulou experiencia no conxunto azulón, que se proclamou campión de Primeira División na 2012-2013 e campión da Supercopa 2013.