Desde finais de agosto ata principios de setembro, o RC Celta e a súa Canteira estivo presente en tres universidades colombianas mostrando o proxecto de canteira do club e levando a cabo distintos seminarios nas súas aulas, Eduardo Covelo estivo como responsable da canteira presente na Universidade do Cauca (Popayán, 30-31 de agosto), na Universidade de Santiago de Cali (1 e 2 de setembro) e na Uniminuto de Bogotá (4 e 5 de setembro) impartindo tanto clases teóricas como prácticas, explicando como é o proxecto de canteira do club e como o club estrutura e leva a cabo as sesións de adestramento na Madroa. Tamén nestas formacións falouse moito da importancia do papel do adestrador e das estratexias que este ten para mellorar o rendemento dos novos talentos.
Estas accións reforzan o recoñecemento da canteira do RC Celta, non só a nivel nacional senón tamén a nivel internacional. O club posiciónase como referente no mercado latinoamericano mediante iniciativas como esta, que demostran o seu compromiso co desenvolvemento de futuros profesionais do fútbol.