Emi Rodríguez, xogador do Celta Fortuna, foi convocado coa Selección Nacional de México Sub-23 para disputar os partidos preparatorios ante Panamá. O xogador viaxará ao seu país para concentrarse do 1 ao 9 de setembro no Centro de Alto Rendemento. O encontros ante o conxunto panameño terán lugar o venres, día 6, e o martes 10 de setembro.
O xogador xa fora chamado polo conxunto nacional para disputar tres amigables o pasado mes de xuño, acumulando máis de 100 minutos como internacional.
Unha convocatoria que supón un importante recoñecemento para o seu esforzo e dedicación diaria, ademais de ao rendemento que está a demostrar no filial celeste.
Parabén, Emi!