Hemeroteca canteira

Emotiva despedida do ata agora director da canteira celeste Toni Otero

RC Celta

despedida_toni_web_26515.jpg

Carlos Mouriño: “Dáme pena este adeus, pero tomaches un camiño e estaremos detrás empuxando”

 

O presidente do Real Club Celta, Carlos Mouriño, e o ata agora director da canteira do club, Toni Otero, protagonizaron hoxe unha emotiva comparecencia na despedida do que fose responsable das categorías inferiores celestes nas últimas sete tempadas. Mouriño apuntou que “vaise unha das nosas referencias” e garantiu que no camiño que emprende Toni “estaremos todos detrás empuxando”.

 

O presidente do Celta indicou que “para o Celta e sobre todo para o min é un día triste e alegre. Triste porque marcha unha das nosas referencias, Toni, que estivo 23 anos connosco pasando por case todos os postos que temos na canteira incluíndo o de adestrador do Celta B”.

 

“Foron moitos anos de dedicación competa, entusiasmo brutal e traballo encomiable, que levou a que a nosa canteira fose declarada a mellor de España fai un ano e que conseguísemos ter tantos internacionais”, engadiu Mouriño, quen precisou que “dicía que é un día tamén alegre porque é o que sempre pretendemos, que a xente mellore, supérese e busque o seu porvir”.

 

“Está é a túa casa, si queres regresar e temos a posibilidade volveremos a colaborar”, comentou o dirixente celeste, quen indicou que “marchas deixando un gran recordo, un gran agarimo e unha gran profesionalidade. Dáme pena este adeus, pero tomaches un camiño e estaremos detrás empuxando. Grazas por todo”, concluíu Carlos Mouriño

 

Toni Otero quixo en primeiro lugar ”agradecer as palabras do presidente e a todo o persoal e compañeiros que están aquí hoxe. Non teño palabras para expresar o meu agradecemento a este club, a este presidente, consello e dirección por todo o apoio que me deron”.

 

“Non é un adeus, é un ata logo. Debo tomar un camiño para poder volver con outra experiencia e outra profesión que xa non sexa o fútbol base”, sinalou.

despedida_toni_web2_26515.jpg

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira

Noticias recomendadas