Hemeroteca canteira

Empate con sabor a pouco ante o líder

RC Celta

CeltaB-Oviedo13-14_2-2.jpg

O filial colleitou un punto ante o Oviedo nos minutos finais dun gran partido dos celestes (2-2)

 

Nada máis comezar o partido o Oviedo puido anotar, pero Rubén Blanco evitou o primeiro dos asturianos cun auténtico paradón. Pouco puido facer o novo porteiro celeste pouco despois, no minuto 6. Alain desfaise de Antón cun claro agarrón e queda só ante o gardameta céltico. O Oviedo adiantouse cun tanto que non debeu subir ao marcador.

 

O filial recompúxose rapidamente ao temperán gol e, no minuto 13, Borja Iglesias finalizou unha boa xogada olívica cun remate de cabeza que supuxo o empate a uns. O Celta B, superior ao líder da categoría, merecía un segundo gol que non atopaba. O primeiro tempo finalizou con outra impresionante intervención de Rubén Blanco, que despexou un potente disparo rival cunha gran estirada.

 

Na segunda parte as forzas niveláronse. O Oviedo demostrou de novo unha gran efectividade en ataque e nunha das súas poucas ocasións claras, no minuto 60, Javi Hernández puxo de novo aos asturianos por diante no marcador. Os de De Dios recuperaban terreo aos poucos e a partir do 69, coa expulsión de Javi Hernández por dobre amarela, recuperaron o control do encontro.

 

A fortuna e o bo facer do porteiro Orlando Quintana evitaron que Borja Iglesias ou Thaylor materializasen algunha das súas ocasións, pero o merecido premio dos canteiráns chegou finalmente a dez minutos para o final do partido. Bo pase ao oco de Iglesias co que deixou só a Aitor que, no un a un contra o guardarredes, marcou cun disparo raso.

 

Repartición de puntos ante o Oviedo, líder da Segunda División B, nun envite no que o Celta B mereceu a vitoria.

 

FICHA TÉCNICA

 

2-CELTA B: Rubén, Marcos Torres, Soto (Thaylor, min.73), Antón, Maceira, Borja Domínguez, Javi Rey, Borja Fernández (Yelko Pino, min.62), Fernán (Aitor, min.62), Añón e Borja Iglesias

 

2-OVIEDO: Orlando, Alba, Sergio Rodríguez, Pardo, Javi Hernández, Rivas, Sergio García (Susaeta, min.53), Rubio, Cervero, Alain (Eneko, min.75) e Annunziata (David Fernández, min.70)

 

Goles: Alain, 0-1 (min.6); Borja Iglesias, 1-1 (min.13); Javi Hernández, 1-2 (min.55), Aitor, 2-2 (min.83)

 

Árbitro: Pizarro Gómez, do colexio madrileño. Expulsou a Javi Hernández con dobre tarxeta amarela (min.69)

 

Campo: Barreiro

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira

Noticias recomendadas