
Pechouse unha nova semana de campus coa celebración das cerimonias de clausura nas diferentes sedes, A Madroa , Cambados, Lalín, Vitoria FC de Santiago, Mondoñedo e Vila de Corpus en Ponteareas, con presenza de numerosos familiares onde cada participante recibiu o seu diploma conmemorativo dunha semana chea de aprendizaxes, diversión e socialización, e todos xuntos acabamos entoando o himno do RC Celta como broche final. Na sede da Madroa contamos co tradicional taller de primeiros auxilios a cargo da Asociación VODEA..
E sen pausa xa nos puxemos en marcha coa cuarta semana dos Campus de verán Fundación Celta by Cabreiroá 2023 con sedes na Madroa, Campo Federativo de Coia, Marcón e Ares. Gran éxito de participación en todas as sedes onde tivemos que colgar o cartel de prazas esgotadas o cal nos supón unha enorme satisfacción pola gran aceptación que están a ter todas as sedes.
Tamén continuamos con algunha presentación que tiñamos pendentes e esta vez desprazámonos ata o concello de Maceda onde nos recibiu a nova alcaldesa e os responsables do Club escolas deportivas Concello de Maceda. O campus creou unha gran expectación no concello e hai unha enorme ilusión pola súa posta en marcha.
Xa nos acercamos ás semanas finales de campus pero todavía quedan sedes e prazas, consulta a información e non deixar pasar a oportunidade de participar nesta edición do primeiro centenario do RC Celta. Info e inscrións AQUÍ.

A Madroa







Presentación sede Maceda

Sede Mondoñedo


Sede Marcón

Sede Coia

Sede Vila do Corpus

Sede Victoria FC de Santiago

Sede Lalín


Sede Cambados