ALEVIN B
Escolas

En marcha as Escolas de Fútbol do RC Celta

RC Celta
ALEVIN B

As Escolas de Fútbol del RC Celta xa se atopan a pleno rendemento con só un mes de posta en marcha. Gran aceptación das diferentes modalidades de escolas, con poucas prazas dispoñibles en todas elas: iniciación, aprendizaxe – Celta Academy, tecnificación e Escola de Porteiros Sergio Álvarez.

A nosa área de TECNIFICACIÓN aos poucos recibe novas promesas doutros clubs que buscan mellorar as súas habilidades técnicas con metodoloxía de adestramento RC Celta.

A Escola de PORTEIROS SERGIO ÁLVAREZ  conta unha vez á semana coa visita de Sergio Álvarez que ademais das aprendizaxes que transmite representa unha motivación e referente para os porteiros da nosa escola.

Os máis novos celtistas de 4 e 5 anos, que forman parte da nosa escola de INICIACIÓN, gozan ao grande dos nosos adestramentos con gran ilusión por aprender e por divertirse xogando ao fútbol con novos amigos.

O groso da escola fórmano o noso novo club CELTA ACADEMY que conta con 8 equipos de fútbol base, sendo fiel reflexo do fin das escolas que pretenden que calquera celtista poida gozar do fútbol da man do RC Celta: formación, diversión e celtismo asegurado.

E a última en chegar, e non por iso menos importante, a nosa escola de AS CELTAS creada para que as nenas tamén teñan a súa oportunidade de aprender nunha contorna unicamente feminina e soñar con ser o futuro das categorías inferiores de As Celtas. De momento arrincando aínda que a posta en marcha fai pensar que terá un gran éxito de aceptación.

Escolas de fútbol para todos e todas, así que non perdas a oportunidade de poder formar parte das mesmas, as prazas son limitadas. Inscricións abertas durante todo o ano AQUÍ.

RC Celta

Etiquetas

Escolas

Noticias recomendadas