IMAGEN DESTACADA CLÍNIC DE SEMANA SANTA 23
Actividades gl

En marcha os Clinic de Semana Santa da Fundación Celta by Cabreiroá 2023

RC Celta

Xa están abertas as inscricións para os CLINICS DE SEMANA SANTA FUNDACIÓN CELTA BY CABREIROÁ que durante 3 días levarán a cabo por diferentes sedes repartidas pola xeografía galega: luns 3, martes 4 e mércores 5 de Abril.

 

As sedes confirmadas ata agora son as seguintes:

  • A MADROA (Vigo) – Luns, martes e mércores.
  • CAMBADOS (Pontevedra) – Luns, martes e mércores
  • A GUARDA (Pontevedra) – Luns, martes e mércores.
  • CALDAS DE REIS (Pontevedra) – Luns, martes e mércores.
  • VELLE (Ourense) – Luns, martes e mércores.

Para porteiros…

  • Clinic de Porteiros SERGIO ÁLVAREZ na MADROA (Vigo) – Luns 3
  • Clinic de Porteiros SERGIO ÁLVAREZ en MONTEPORREIRO (Pontevedra) – Martes 4
  • Clinic de Porteiros SERGIO ÁLVAREZ en RIBEIRA (A Coruña) – Mércores 5

 

Anímate a gozar do teu deporte favorito adestrando cos adestradores da canteira do RC Celta, equipo de futbol máis representativo da nosa comunidade e cunha gran reputación na formación de xogadores mozos tanto a nivel nacional como internacional. Esta eficaz formación futbolística irá acompañada de aprendizaxes referentes á educación persoal, e moita diversión como debe corresponder a esta época vacacional.

Un AGASALLO DE SEMANA SANTA excepcional que fará feliz a moitos nenos/as que sexan apaixonados do fútbol e do RCCelta.

As prazas son limitadas así que non dubides en anotarte canto antes para asegurarte a praza e gozar ao grande do fútbol da man do RCCelta e os adestradores das súas categorías inferiores. As inscricións estarán abertas ata o VENRES 31 de Marzo ás 12:00h do mediodía. A través da propia web da FUNDACIÓN poderás tramitar a inscrición en sinxelos pasos guiados.

Máis de 20 anos de experiencia na organización deste tipo de actividades aválannos con excelentes resultados recoñecidos por todos os participantes.

Para obter máis información sobre os clinics e tramitar as inscricións debemos acceder á seguinte ligazón.

RC Celta

Etiquetas

Actividades gl Fundación Hemeroteca fundación gl Novas fundación

Noticias recomendadas