CLÍNIC SEMANA SANTA 24 IMAGEN DESTACADA 1300 X 400px
Academia gl

En marcha os clínic de Semana Santa Fundación Celta by Cabreiroá 2024

RC Celta

Xa están abertas as inscricións para os CLINICS DE SEMANA SANTA FUNDACIÓN CELTA BY CABREIROÁ que durante 3 días levarán a cabo por diferentes sedes repartidas pola xeografía galega: luns 25, martes 26 e mércores 27 de Marzo.

As sedes confirmadas ata agora son as seguintes:

  • A MADROA (Vigo) – Luns, martes e mércores.
  • MONTEPORREIRO (Pontevedra) – Luns, martes e mércores.
  • A GARDA (Pontevedra) – Luns, martes e mércores.
  • RIBADAVIA (Ourense) – Luns, martes e mércores.

Para porterios…

  • Clinic de Porteiros SERGIO ÁLVAREZ en A MADROA (Vigo) – Luns, martes e mércores.

Anímate a gozar do teu deporte favorito adestrando según a metodoloxía da canteira do RC CELTA, equipo de futbol máis representativo da nosa comunidade e cunha gran reputación na formación de xogadores mozos tanto a nivel nacional como internacional. Esta eficaz formación futbolística irá acompañada de aprendizaxes referentes á educación persoal, e moita diversión como debe corresponder a esta época vacacional.

Un AGASALLO DE SEMANA SANTA excepcional que fará feliz a moitos nenos/as que sexan apaixonados do futbol e do RCCELTA.

As prazas son limitadas así que non dubides en anotarte canto antes para asegurarte a praza e disfrutar ao grande do futbol da man do RCCELTA e os seus adestradores. As inscricións estarán abertas ata o VENRES 22 de Marzo ás 12:00 do mediodía. A través da propia web da FUNDACIÓN poderás tramitar a inscrición en sinxelos pasos guiados. Todos os inscritos recibirán de agasallo unha prenda deportiva da FUNDACION CELTA.

Máis de 20 anos de experiencia na organización deste tipo de actividades aválannos con excelentes resultados recoñecidos por todos os participantes.

Para obter máis información sobre os clinics e tramitar as inscricións debemos acceder á seguinte ligazón.

RC Celta

Etiquetas

Academia gl Actividades gl Fundación Hemeroteca fundación gl Novas fundación

Noticias recomendadas