
O pasado domingo disputouse nas instalacións deportivas de A Madroa a primeira xornada de competición amigable do noso grupo de adestramento Iniciación Miudiños Celta para nenos/as de entre 4 e 5 anos. Este primeiro contacto coa competición disputouse entre os propios nenos/as das nosas dúas sedes, da Madroa e do Campo Federativo de Coia.
Como sempre, o resultado foi o de menos e todos eles triunfaron gozando ao grande dunha mañá de aprendizaxe futbolística, diversión e convivencia co resto de compañeiros. Ademais, todo eles foron acompañados por numerosos familiares que tamén o pasaron xenial animando e gozando de grandes momentos de fútbol, tomando nota da gran melloría que todos veñen experimentando a partir do proceso de adestramento que leva a cabo na escola de fútbol Celta.
É unha enorme satisfacción compartir o día a día con todos eles nos adestramentos e comprobar as ganas que teñen de aprender, a paixón que mostran polo fútbol e a súa precoz afección cara ao club.
Esta escola de fútbol Iniciación Miudiños Celta atópase en pleno funcionamento e preparada para seguir recibindo máis nenas e nenos ilusionados polo fútbol e polo Celta. A escola mantén a solicitude de inscrición aberta durante todo o ano, co fin de facilitar ao máximo calquera nova incorporación:
- Luns, martes e xoves en A Madroa.
- Martes e Xoves no Campo Federativo de Coia.
Non deixes pasar a oportunidade de empezar a xogar ao fútbol desde pequeno da man do Celta!
Para máis información, fai clic AQUÍ.
