Dentro do organigrama deportivo das Escolas de Fútbol Celta, queremos dar un novo paso no desenvolvemento da nosa sección feminina. Hai dúas tempadas iniciamos os adestramentos específicos de Tecnificación, dirixidos a nenas federadas en distintos clubs que buscaban mellorar as súas habilidades técnicas a través da metodoloxía de A Canteira Celta. Un ano despois incorporamos o grupo de Aprendizaxe, pensado para nenas non federadas que desexaban iniciarse no fútbol da man do Celta.Este ano sentimos o compromiso de avanzar un pouco máis. Por unha banda, para ofrecer unha actividade máis completa a todas as nenas que xa forman parte da nosa estrutura; e por outra, para contribuír ao crecemento do fútbol feminino federado, en liña co traballo que vimos desenvolvendo co noso equipo de canteira As Celtas.
Por iso, de cara á tempada 26/27, queremos crear un equipo feminino federado de categoría infantil, no que poidan competir tanto nenas de categoría infantil como alevín.
Animamos a todas as nenas en idade alevín e infantil que gocen do fútbol, teñan ganas de aprender nun entorno axeitado e se sintan vinculadas ao Celta, a aproveitar esta oportunidade ilusionante para seguir dando pasos firmes no crecemento do fútbol feminino. Todas as nenas que estean interesadas poden consultar información detallada sobre nosas Escolas Celta 26/27 e realizar solicitude de inscrición no seguinte enlace.