Cincuenta e sete integrantes do SD Ponte Caldelas visitaron este domingo o estadio de Abanca Balaídos e asistiron ao partido ante o Sevilla FC dentro do programa ‘ Eurorrexión Celeste’. Representando ao Concello acudiu D. Andrés Díaz Sobral, alcalde da localidade, e Dna. Isabel Pregal Avión en representación do SDC Ponte Caldelas.
A expedición visitou o Museo do RC Celta, onde recibiu o saúdo do Presidente D. Carlos Mouriño e D. Germán Arteta, director da Fundación Celta, e presenciou a pé de campo o quecemento dos equipos antes do encontro.