Cincuenta e cinco integrantes do Concello de Santa Comba e o Club Deportivo Xallas visitaron este venres o estadio de Abanca Balaídos e asistiron ao partido ante o Raio Vallecano dentro do programa ‘ Eurorrexión Celeste’. Representando ao Concello acudiron os Concelleiros de deportes D. Manuel A. Iglesias Mouro e Dª Silvia Cancela Blanco
A expedición visitou o Museo do RC Celta, onde recibiu o saúdo do Presidente D. Carlos Mouriño, e presenciou a pé de campo o quecemento dos equipos antes do encontro.