Cincuenta e sete integrantes do equipo feminino do Club Sporting S. Mateo do Concello de Ponteareas visitaron este xoves o estadio de Abanca Balaídos e asistiron ao partido ante o Deportivo Alavés dentro do programa ‘Eurorrexión Celeste‘.
Representando ao grupo acudiu o concelleiro de deportes da localidade D. Francisco Jesús Represas Cabrera e representando ao Club D. Roberto Vázquez Nieto.
A expedición recibiu o saúdo do conselleiro D. Fernando Rodilla e do director da Fundación Celta, D. Germán Arteta e presenciou o quecemento do equipo antes do encontro.