Cincuenta e cinco asistentes do Concello de Trives (Ourense) visitaron este sábado o estadio de Abanca Balaídos e asistiron ao partido ante o UD LAs Palmas dentro do programa ‘Eurorrexión Celeste‘.
Representando ao grupo acuediron a alcaldesa Dª. Patricia Domínguez Barja e o concelleiro de deportes D. Fermín Santoveña Herrero.
A expedición recibiu o saúdo no museo do director da Fundación Celta D. Germán Arteta, dos conselleiros D. José Manuel Amoedo e Dª Carmela Cuevas e presenciou o quecemento do equipo antes do encontro.