Cincuenta e sete mozos do Concello de Arbo e do CF Arbo visitaron este domingo o estadio de Abanca Balaídos e asistiron ao partido ante o Valencia dentro do programa ‘Eurorrexión Celeste‘.. Representando ao grupo acudiu o alcalde da localidade D.Horacio Gil Expósito e o Presidente do Club D. Rubén Simón Ferro.
A expedición recibiu o saúdo da conselleira Dª María José Táboas e do director da Fundación Celta, D. Germán Arteta e presenciou o quecemento do equipo antes do encontro.