Cincuenta e cinco integrantes das escolas deportivas de os Concellos de Alfoz e Valadouro visitaron este domingo o estadio de Abanca Balaídos e asistiron ao partido #ante o Elche dentro do programa ‘ Eurorrexión Celeste’.
Representando ao Concello de O Valadouro acudiu o Alcalde D. Edmundo Maseda Maseda e representando ao Concello de Alfoz acudiu o Alcalde D. César Marrube Novo.
A expedición visitou o Museo do RC Celta, onde recibiu o saúdo do Vicepresidente do RC Celta D. Ricardo Barros e do director da Fundación Celta D. Germán Arteta e presenciou a pé de campo o quecemento dos equipos antes do encontro.