Cincuenta e cinco veciños do Concello de Taboadela (Ourense) visitaron este sábado o estadio de Abanca Balaídos e asistiron ao partido ante o Sevilla FC dentro do programa ‘Eurorrexión Celeste‘.
Representando ao grupo acudiron o alcalde D.Álvaro Vila Araújo e o Tenente de Alcalde D. Roberto Blanco Vázquez.
A expedición recibiu o saúdo do conselleiro D. Primitivo Ferro e do CEO D.José Gainzarain e presenciou o quecemento do equipo antes do encontro.