Celeste solidario
Fundación

Éxito da campaña Celeste Solidario coa doazón de centos de xoguetes

RC Celta

A campaña “Celeste Solidario” concluíu coa recollida e posterior doazón de centos de xoguetes. O espírito solidario do celtismo volveu brillar con forza este Nadal grazas a esta iniciativa impulsada polo Celta e a Fundación Celta, que un ano máis, logrou transformar a ilusión en sorrisos.

Durante a primeira quincena de decembro, as tendas oficiais do club recibiron a centos de persoas que non dubidaron en achegar o seu graniño de area e depositaron nos respectivos puntos os xoguetes para que ningún neno quedase sen o seu agasallo este Día de Reis. Uns xoguetes que, tras pecharse a campaña “Celeste Solidario”, foron doados á Fundación Hogar San José de Vigo.

Hoxe, cos Reis Magos xa de volta en Oriente e os xoguetes en mans de quenes máis os esperaban, podemos dicir con orgullo que esta campaña foi todo un éxito. A Fundación Celta quere agradecer a implicación e compromiso de todas as persoas que participaron por demostrar, unha vez máis, que en realidade “isto vai de corazón”.

RC Celta

Etiquetas

Fundación

Noticias recomendadas