O canteirán Fer López sofre unha escordadura de grao II da sindesmosis tibioperonea do seu nocello dereito tras unha acción na súa estrea ligueira ante o RCD Mallorca en Abanca Balaídos. Na resonancia magnética realizada esta mañá, non se revelan lesións maiores polo que o tempo estimado de baixa será de ao redor de seis semanas.
Por outra banda, realizóuselle tamén unha resonancia magnética no seu xeonllo dereito que descarta lesións no cruzado anterior. Aínda que o movemento forzado da devandita articulación era típico dunha lesión do ligamento cruzado anterior, neste caso, o feito de que houbese tamén un movemento forzado no seu nocello diminuíu as cargas no xeonllo o que probablemente salvou unha lesión no cruzado.
Ánimo, Fer!