Tras selar o pase á final do playoff de ascenso, Fredi Álvarez, Hugo González e Quique Ribes compareceron ante os medios para analizar unha vitoria marcada polo esforzo do equipo e o apoio do celtismo.
O técnico destacou o ambiente vivido no estadio, asegurando que non esperaban unha resposta tan multitudinaria e amosando o seu desexo de poder “brindarlle algo histórico a todos” dentro de dúas semanas. Na mesma liña, Hugo definiu o vivido como unha auténtica “tolemia” e confesou que mirar cara á bancada fixo imposible non emocionarse. Pola súa banda, Quique recoñeceu que nunca vivira algo semellante e subliñou a importancia dunha afección que, unha vez máis, “deu esa forza para remontar o partido”.
Dálle ao play e escoita a rolda de prensa completa.