Fredi Álvarez será o adestrador do Celta C – Gran Peña a próxima tempada. O adestrador moañés ascende outro chanzo na estrutura celeste despois dun primeiro ano no Xuvenil B e un segundo no Xuvenil A. Deste último conxunto farase cargo Alberto Suárez, que promociona desde o Xuvenil B para dirixir ao equipo de División de Honra.
O club desexa agradecer o traballo de Srdan Bajcetic, que abandona a disciplina celeste despois de dous anos de traballo clave na primeira etapa do acordo entre o RC Celta e a Gran Peña. Na súa primeira campaña, o preparador serbio conseguiu o ascenso a Terceira Federación, categoría na que logrou a permanencia nesta tempada recentemente finalizada.