A Fundación Celta e Football Science Institute pecharon un acordo de cooperación educativa mediante o que ambas institucións colaborarán en accións conxuntas de formación, márketing e programas de prácticas para alumnos certificados por FSI.
Mediante este acordo, FSI permite a varios profesionais da canteira continuar os programas formativos online lanzados neste ano 2022, axudando a poder mellorar o traballo práctico diario. Ademais, FSI brindará a posibilidade de desenvolver un proxecto de investigación deseñado a medida do club.
Pola súa banda, a fundación celeste incluirá aos alumnos certificados por FSI nun programa de prácticas mediante a realización de prácticas no club en períodos de tempo trimestrais ou semestrais, promovendo a inserción laboral entre os profesionais acreditados por FSI e a Fundación.
Celta b